Pontevedra entrega 25.000 euros de axuda á ’emerxencia extrema’ do pobo saharaui

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra atende á chamada de emerxencia do pobo saharaui. A asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui ven de alertar da situación extrema que se está a vivir nos campos de refuxiados de Tinduf, en Arxelia, despois de que as inundacións destruíran máis de 4.400 vivendas. Para atender esta chamada de auxilio, o concello destinará 25 mil euros.

 

Dende o concello de Pontevedra, o pobo saharaui lanzou unha chamada de socorro. As chuvias torrenciais que azoutaron os campamentos de refuxiados na zona de Tinduf, en Arxelia, os días 17 e 18, deixaron a máis de 90 mil familias en situación extrema.

Case quince días despois das inundacións, aínda non chegou axuda á zona. Só a que pode aportar a Media Lúa Vermella da zona. Alimento, auga potable e medicinas, para evitar a expansión de enfermidades, son as necesidades máis urxentes.

Ante esta chamada de auxilio, o concello de Pontevedra aportará o seu gran de area. Destinaranse 25 mil euros para atender esta petición urxente.

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui estende a súa petición de axuda a toda a poboación. A vindeira semana partirá un equipo dende España para poder trasladar directamente os cartos a Arxelia e, alí, adquirir todos os produtos de primeira necesidade que se necesiten nos campamentos.

Para todos aqueles que queiran colaborar, poden facelo na conta ES51 2080 5409 11 3040113236.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/saharauis_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/saharauis_pontevedra.mp4{/flowplayer}