Boiro acollerá este próximo domingo unha concentración de vehículos clásicos

BOIRO> Na cita, que está organizada polo Club Clásicos do Barbanza, participarán ó redor duns cincuenta turismos.

A comarca súmase a febre polos vehículos clásicos cunha concentración e unha posterior ruta polo Barbanza. A actividade terá lugar este próximo domingo da man do Club Clásicos do Barbanza de recente creación. A concentración iniciarase ás nove da mañá na praza do Concello de Boiro.

Está prevista a participación duns cincuenta vehículos chegados dende diferentes puntos da nosa comunidade de marcas coma Seat, Mercedes ou BMW…o único requisito para participar que os coches teñan máis de trinta anos de antigüidade.

A concentración, a primeira que realizan, pero con intención de continuar, incluirá tamén cun xantar no restaurante O Trapeiro de Lousame no que haberá diferentes sorteos e entrega de trofeos.

Comments are closed.