Poio presenta a súa programación para o Día Contra a Violencia de Xénero

POIO> O Concello de Poio presenta a súa programación para día internacional contra a violencia de xénero. Un concurso de carteis, unha festival de música e varios obradoiros para alumnos, pais e profesores son algunhas das actividades previstas para a semana do 25 de novembro.

 

Para amosar o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e coa intención de concienciar á sociedade o concello de Poio prepara a súa programación especial para o 25 de novembro. O concurso de carteis contra a violencia sexista chega á súa quinta edición e as obras poderanse ver no Casal de Ferreirós a partir do 27 de novembro. Tamén retoman o Festival  Musical que congregará o domingo 22 no centro social de Campelo a dez artistas, músicos e coros do concello.

Ademais, o Centro de Información a Muller dará unha serie de charlas en institutos para alertar aos rapaces da posible violencia de xénero que se encontra no novo contexto dixital e outras para pais e profesores na Casa Rosada de Poio.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/25n_poio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/25n_poio.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí