Boiro acolle un curso de adestrador de fútbol base UEFA B

    BOIRO> Boiro converterase en sede dun curso de adestrador de fútbol base ata a categoría xuvenil promovido pola Federación Galega. Os participantes recibirá máis de seiscentas horas de formación teórico – práctica a cargo de recoñecidos profesionais como Juancho Armental ou Pacho Oliveira. Polo momento, xa hai máis de vinte inscritos para este curso cun límite de trinta e cinco prazas. Componse de seiscentas vinte e cinco horas de formación práctica e teórica nas que os participantes sairán capacitados como adestradores de fútbol base ata a categoría xuvenil galega. Impartindo este curso en Boiro, a Federación Galega de Fútbol pretende descentralizar as súas sedes habituais en santiago, Coruña, Ferrol e Vigo promovendo o seu achegamento a distintas comarcas. O curso dará comezo o próximo catro de novembro e impartirase ata o mes de maio os luns e mércores en horario de sete e media a dez e media. O prezo total da matrícula é de novecentos euros que se poderán aboar en distintos prazos. A inscrición permanecerá aberta ata unha semana despois do inicio do curso.