RIBEIRA> Os veciños de Aguiño retomaron hoxe as mobilizacións pola sanidade pública. A baixa dunha das profesionais do servizo fixo que os pacientes teñan que afrontar demoras de ata un mes para ser atendidos por un médico.
Malia que as protestas que mantiveron durante meses deron os seus froitos e conseguiron a cobertura das dúas prazas médicas, os veciños de Aguiño retomaron as mobilizacións ante a baixa dunha das profesionais.
O SERGAS non procedeu á cobertura desta vacante temporal polo que tan só unha médico en activo ten que facerse cargo dos dous cupos. A lista de espera dos pacientes para unha cita pode demorarse ata un mes.
Esixen á Consellería que escoite as súas demandas e proceda a cubrir esta baixa de longa duración para evitar que volva cronificarse a falla de médicos nunha parroquia con moita poboación. Seguirán a mobilizarse ata volver a contar cos dous profesionais asignados.











