A flota galega mobilizarase en Ribeira contra a ampliación do veto europeo ó arrastre

RIBEIRA> O Consello Sectorial de Pesca de Ribeira reuniuse esta mañá de xeito urxente para analizar as consecuencias da ampliación de prohibir o arrastre en máis caladoiros prevista pola Comisión Europea. O sector acordou sumarse ás mobilizacións convocadas para o próximo día 9 que se celebrarán simultaneamente en diversos portos europeos.

Rexeitamento unánime ó Plan de Acción e Resiliencia do Sector Pesqueiro da Comisión Europeo que pretende ampliar a prohibición da pesca de fondo dos 87 caladoiros iniciais a 115.

O Consello Sectorial de Pesca de Ribeira reuníase esta mañá para analizar as nefastas consecuencias desta decisión para a flota galega coa práctica desaparición do arrastre. Acordaron tamén sumarse ó calendario de mobilizacións promovido polo sector con protestas simultáneas en varios portos o próximo martes día 9, coincidindo co Día de Europa.

En paralelo á mobilización social, o proceso xudicial segue o seu curso despois de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recorrese ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea o peche dos caladoiros á pesca de fondo.