A confraría empraza ó concello a buscar un novo local para os xubilados

    patronmaiordesaloxxubilados100.jpgRIANXO> A confraría de Rianxo segue a reclamar o local que actualmente ocupa o fogar da terceira idade.

    {flowplayer}barbanza/patronmaiordesaloxoxubilados.flv{/flowplayer}

    Dende o ano 2000, o fogar do xubilado de Rianxo vén ocupando este local que pertence á confraría de pescadores. Sen embargo é o pósito quen asume os gastos correntes así como os derivados dos seguros e impostos polo que hai sete meses informaron á directiva desta entidade de que tiñan que abandonar as instalacións.

    Ampliación

    Segundo o patrón maior, a devolución deste local non é un capricho senón unha necesidade para a confraría que precisa ampliar as instalacións de manipulación e venda.

    Á espera de que o concello se pronuncie, os xubilados non están dispostos a abandonar o que veu sendo o seu lugar de reunión dende hai máis dunha década, salvo que a administración lles proporcione un local en boas condicións.

    Redacción Barbanza