Ribeira ofrece tres vivendas para o uso de refuxiados sirios

    RIBEIRA> O concello de Ribeira, despois do acordo adoptado de xeito unánime pola corporación municipal, porá a disposición dos refuxiados sirios un total de tres vivendas para o seu uso, baixo coordinación co ministerio de Emprego e Seguridade Social. Ademais tamén se porán a súa disposición outro tipo de recursos como é o caso de asistencia xurídica e psicolóxica, cursos de idioma para estranxeiros ou formación de adultos. Dende o concello tamén se fai un chamamento á veciñanza para que aquelas persoas que queiran cooperar na acollida dos refuxiados se poñan en contacto cos Servizos Sociais, chamando ó teléfono 981 874 131 ou enviando un correo electrónico a servizossociais@riveira.com.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí