Vivenda adxudica o 75% das parcelas de Espiñeira mediante concurso público

    parcelasespineira_100_050308.jpgBOIRO > Vivenda adxudicou 18 parcerlas da segunda fase do polígono de Espiñeira, un 75 por cento da superficie útil para a instalación de negocios.

    {flowplayer}barbanza/parcelasespineira.flv{/flowplayer}

    As empresas que resultaron adxudicatarias, a través do proceso de concurso público, son Fachadas García e Ramalo, Neumáticos Luís, Biomega Nutrición, Benseiro, García España, Rotogal, Grupo JCA Hormigones, Señalizaciones Norte, Inoxdec, Juan Carlos González Silva, Hormigones de Boiro, Prebemar e Autorecambios Barbanza.

    Creación de emprego

    Todas elas pertencen ós sectores de produción de materiais e maquinaria de construción, automoción, alimentación, confección textil, traballos en metal e fabricación de pezas de polietileno. Estímase que, entre todas, crearanse preto de 160 novos postos de traballo directos.

    Unha vez resolto o concurso de compravenda, mediante o cal se adxudicou o 75 por cento da superficie empresarial do parque, outras empresas interesadas en instalarse en Espiñeira poden solicitar información sobre as seis parcelas que quedaron libres. Segundo informou a Consellería de Vivenda e Solo xa está a recibir varias solicitudes de información.

    Cláusulas contra a especulación

    Para garantir o desenvolvemento da actividade empresarial e evitar as operacións especulativas co chan industrial, a Consellería incluíu unha serie de cláusulas nos contratos de compravenda establecendo un prazo máximo de tres anos para a contrución das instalacións. De non ser así, o departamento autonómico procederá á rescisión do contrato pasando novamente a parcela a titularidade pública cunha penalización económica sobre o prezo orixinal de venda.

    Redacción Barbanza