Propostas en positivo para o viveiro de empresas boirense

    BOIRO> Entre outras opcións, Boiro Novo reclama que o Concello se adhira ós plans da Xunta que permitan poder ofertar nel cursos de hostalería e formación regrada. Para Boiro Novo a activación do viveiro de empresas e centro de formación chega tarde, despois de máis de sete anos dende a súa inauguración. Critican a xestión realizada polo executivo local nestes anos que apenas investiu un euro no edificio. Dende Boiro Novo, agora que o Concello pretende apostar de xeito decidido por esta infraestrutura, trasládanlle unha serie de propostas para revitalizalo, conseguindo convertelo nun espazo vivo, servindo á promoción do emprego na localidade. Neste sentido reclaman que o Concello se adhira ós plans da Xunta que permitan poder ofertar nel cursos de hostalería e formación regrada debido á ampla demanda existente na comarca. Tamén piden que de xeito inmediato se poña en funcionamento a cafetería do edificio, que xa dispón do equipamento necesario, a través dun sistema de alugueiro social á hora de adxudicar a súa explotación.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí