O alcalde de Catoira dáse de baixa no PSOE por unha denuncia por acoso sexual

    CATOIRA> O alcalde de Catoira solicita a baixa do Partido Socialista tras ser denunciado por un suposto caso de acoso sexual. Segundo Alberto García, trátase dunha medida temporal ata que non coñeza o fondo da denuncia, aínda que seguirá como alcalde da vila. O rexedor máis veterano da comarca coñecerá os detalles desta grave acusación o vindeiro 4 de novembro, data na que está chamado a declarar nos xulgados de Vilagarcía.

     

    O alcalde de Catoira presentou a súa baixa do Partido Socialista. Fíxoo acatando o código ético da formación, despois de que se lle notificara unha denuncia contra el por un suposto caso de acoso sexual. As acusacións parten dunha muller que foi concelleira do seu equipo de goberno entre o 2007 e o 2011. Neses comicios foi nas listas do PSOE e resultou reelixida, pero renunciou antes de tomar posesión da acta.

    Alberto García, que con 26 anos á fronte do concello de Catoira é o alcalde máis veterano da comarca, asegurou que se trata a súa renuncia é unha medida temporal. Sobre a denuncia non quixo facer declaracións ata coñecer os feitos dos que se lle acusan. 

    Si sabe que está chamado a declarar o 4 de novembro nos xulgados de Vilagarcía. Tamén que seguirá á fronte da alcaldía de Catoira. O veterano político recordou que o pasado maio foi elixido por unha ampla maioría dos veciños para seguir desempeñando o seu cargo nos vindeiros catro anos e, asegurou, non pensa deixalo.

    Pola súa banda, Partido Popular e BNG xa presentaron sendas solicitudes para a convocatoria dun pleno extraordinario para que o alcalde ofreza todas as explicacións sobre a súa situación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/30/suspension_alcalde_catoira.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/30/suspension_alcalde_catoira.mp4{/flowplayer}