A destrución de emprego no sector servizos dispara o paro en outubro

GALICIA> Hoxe confirmáronse as previsións. Outubro deixou malas novas no mercado laboral, arrastrado pola fin da temporada estival e a redución de traballadores no sector servizos. O Salnés e Barbanza deixan 772 e 214 desempregados máis que en setembro. Todos os concellos e todos os sectores destruíron emprego.

 

Remata outubro, acábase o verán e incrementan as listas do paro. O Salnés e Barbanza despedíronse con 772 e 214 desempregados máis que en setembro, respectivamente. Todos os concellos destruíron emprego. Non son unha excepción as comarcas de Pontevedra e Ulla/Umia, que expulsaron do mercado laboral a 527 e 95 persoas en outubro. En todos os casos, é o sector servizos o que dispara as cifras.

Sanxenxo é o concello que máis emprego destruíu e, dos 254 novos parados, 222 procedían do sector servizos. No Salnés, O Grove e Vilagarcía foron os dous municipios nos que máis desempregados deixou a hostalería. 

Dende UXT chaman a atención sobre outra cifra: a das persoas sen emprego anterior. Aínda que como norma xeral este dato cae, para o sindicato non é un bo indicativo.

Diferente interpretación da a Xunta de Galicia. Recoñecen que outubro non deixa bos datos, pero apuntan a que se trata dun comportamento normal deste mes, e destacan a boa taxa interanual.

Galicia destruíu máis de 6.200 postos de traballo no mes de outubro, superando os 222 mil desempregados. Por provincias, o maior incremento mensual foi en Pontevedra, con 3.300 persoas máis, ata superar as 89.700.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/03/datos_paro_outubro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/03/datos_paro_outubro.mp4{/flowplayer}