O goberno presentará mañá os orzamentos á oposición aberto ás súas achegas

PONTEVEDRA> O goberno local trasladará mañá aos demais grupos da corporación o borrador dos orzamentos para o 2016. Segundo o concelleiro de Facenda, están dispostos a escoitar as achegas que fagan sen liñas vermellas, matizou. As contas municipais disporán o vindeiro ano de máis de 71 millóns 500 mil euros, e destacan os 10,7 millóns que se destinan aos investimentos.

 

O goberno xa ten listo un borrador do orzamento municipal para o vindeiro ano. Mañá trasladará o documento aos demais partidos da corporación, dos que agarda unha postura responsable e construtiva.

Para o vindeiro ano, as contas municipais contarán con 71 millóns 515 mil euros. Destaca a partida dos investimentos, que contará con 10,7 millóns.

En persoal gastará 20,3 millóns de euros, 32 en gasto corrente, 396 mil en financeiro e 4,8 millóns en transferencias correntes.

A intención do goberno é que o orzamento quede aprobado a principios do mes de decembro, para o que precisa o apoio dalgún dos grupos.

Antes de dar conta do borrador dos orzamentos, González anunciou a adxudicación do proxecto reformado da zona verde de Pasarón, a parcela de 3.500 metros cadrados entre o estadio e a avenida da Coruña. A obra adxudicouse por algo máis de 169 mil euros, coa reposición do pavimento no cruce da rúa Luis Otero e o camiño paralelo á grada sur como melloras ofrecidas pola empresa. A cantidade inicialmente orzamentada para os traballos era de 241 mil euros.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/03/xgl_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/03/xgl_pontevedra.mp4{/flowplayer}