Adxudicada provisionalmente a instalación do transformador no mercado

    RIBEIRA> O traslado dos praceiros ó novo mercado municipal de Ribeira, previsto para despois do Nadal, está máis preto de ser unha realidade trala adxudicación provisional dun transformador para poñer en marcha esta instalación. A empresa Malga S.L. foi a mellor valorada entre as oito propostas que concorreron ó concurso para o subministro e instalación deste equipamento por valor de sesenta e tres mil euros. Unha vez se proceda á adxudicación definitiva poderá dotarse á futura praza de abastos deste servizo, imprescindible para a súa posta en marcha, e do que carecía.