Protección Civil de Noia volve funcional a pleno rendemento

    NOIA> A agrupación de Protección Civil volve contar con doce traballadores, distribuído en catro cuadrillas de tres persoas. A reincorporación destes profesionais dá cumprimento á resolución xudicial que obrigaba á súa readmisión. O Grupo de Emerxencias de Noia volve a funcionar a pleno rendemento trala integración dos traballadores ós que lles fora rescindido o contrato trala reestruturación destes grupos por parte da Xunta. Os membros do actual grupo de goberno manifestaran dende hai tempo a necesidade de volver contar con estes profesionais, en cumprimento dunha sentenza xudicial que obrigaba á súa readmisión. Na actualidade, os voluntarios traballan como persoal municipal en quendas de tres persoas garantindo o servizo as vinte e catro horas durante toda a semana.