O albariño, un viño moi aprezado en Irlanda

PONTEVEDRA>

 

A Denominación de Orixe Rías Baixas continúa cos seus plans de promoción no exterior e esta semana un grupo de seis prescriptores irlandeses visita a DO para coñecer máis de preto uns viños, que segundo recoñecen, resultan moi atractivos para os consumidores deste país europeo. O sabor afroitado e a acidez suave son as características que máis valoran, de aí que as exportacións de Rías Baixas a Irlanda se disparasen nos últimos cinco anos nun 200%.

 

 

Responsables das seccións de viños de destacados restaurantes da capital irlandesa, directivos de hoteis, sumilleres e o mestre de viños da principal escola universitaria de hostalaría de Dublín. É o perfil dos seis prescriptores irlandeses que desde hoxe e ata o mércores visitan a Denominación de Orixe Rías Baixas. Trátase dunha misión inversa, un tour organizado como parte dos plans de promoción no exterior que realiza o Consello Regulador.

 

Os prescriptores comezaron a visita á DO cunha cata na sede do Consello Regulador. Degustaron 26 marcas, entre elas elaboracións especiais que captaron e moito a súa atención. Recoñecen que os Rías Baixas son viños con moito potencial en Irlanda, moi aprezados polos seus consumidores. Atráenlles as notas afroitadas e acidez suave destas elaboracións.

 

Mostra deste potencial é a gran evolución que están a ter as exportacións de Rías Baixas a este país. Segundo datos do Consello Regulador, desde os 2009 ata o ano pasado, o volume de litros vendidos ó país multiplicouse nun 200%, pasando dos 40.735 litros iniciais ós máis de 121 mil do pasado exercicio. Pero queda aínda moito por facer. Sobre todo no que a imaxe de marca se refire. E é que o albariño é bastante coñecido, pero non se identifica con Rías Baixas.

 

Nesta misión de tres días os prescriptores terán a oportunidade de coñecer a fondo adegas, prácticas de viticultura e métodos de elaboración coa visita a tres das subzonas da DO: Val do Salnés, Condado do Tea e O Rosal.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/09/sumilleresirlandeses.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/09/SUMILLERES_IRLANDA_RIAS_BAIXAS.mp4{/flowplayer}