Raxó celebrará o samaín coa súa Festa do Amor

Pontevedra> O Club de Fútbol de Raxó organiza un magosto moi especial para o vindeiro 31 de outubro. Será unha cita que contará con DJ e a partir das 23:00 coa actuación da orquestra Panorama. Trátase dun evento que ten como fin agradecer ao pobo e aos hostaleiros desta zona o compromiso, que ano a ano, teñen con este club deportivo. En Raxó, no concello de Poio, xa teñen todo listo para celebrar o Samaín, pero non o farán de calqueira maneira, senon que o van a festexar cunha festa por todo o alto. Un magosto que comezará as nove da noite, que contará con DJ e coa actuación da orquestra Panorama. Unha cita que ten como fin, agradecer o compromiso dos veciños e hostaleiros co club de Fútbol desta localidade. Dende o Club de Fútbol de Raxó convidan a todo o mundo a asistir a esta cita, e pese a ser a noite, a do 31, a máis terrorífica do ano, dende este equipo queren chamarlle a este magosto a Festa do Amor. Así que xa o saben, se queren pasar un Samín divertivo e marchoso teñen unha cita no concello de Poio, na parroquia de Raxó a partir das nove da noite, e dende as 23:00 actuación da orquestra Panorama.