POIO> O BNG, o PSOE e Avante Poio mantiveron esta tarde unha reunión para planificar o futuro do Concello. Deste xeito, a formación liderada por Silvia Díaz abre as súas portas a un posible tripartito e afástase, aínda máis, da posibilidade de chegar a un acordo co Partido Popular de Ángel Moldes.
As dúbidas sobre quen será o vindeiro alcalde de Poio seguen enriba da mesa. Aínda que parece que nas últimas horas a balance decantouse máis do lado de Luciano Sobral que de Ángel Moldes. A chave, dende o pasado 26 de maio a ten ela, Silvia Díaz, que parece que tras reunirse co resto de partidos, abriu as portas a un posible tripartito co BNG e co PSOE.
O obxectivo de Avante Poio é rexenerar o Concello. Un obxectivo que, segundo Silvia Díaz, só e posible se se fai dende a esquerda.
O BNG, o PSOE e Avante Poio mantiveron esta tarde unha reunión conxunta. Un feito que demostra que Silvia Díaz descartou xa a posibilidade de chegar a un acordo co Partido Popular.
Silvia Díaz está convencida de que a rexeneración dende a esquerda é posible e asegura que dende Avante Poio loitarán para converterse nos motores do cambio no goberno municipal.