Os profesionais da sanidade reclaman no xulgado gozar dos días de libre disposición

PONTEVEDRA> Os profesionais sanitarios continúan coa súa loita para que se lles recoñeza o dereito a gozar dos días de libre disposición. Segundo denuncian, ata o de agora eses días non lles contan como traballados algo que, aseguran, vai en contra do que contempla a lei. A súa pelexa segue nos tribunais e xa contan con máis de dez sentenzas favorables e de obrigado cumprimento segundo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Porén, seguen sen contar con este dereito.

 

A Agrupación de Profesionais da Saúde de Galicia, Prosagal, continúa pelexando para que os traballadores sanitarios poidan gozar dos días de libre disposición.

Esta mañá tiveron unha cita no xulgado do contencioso número 1 de Pontevedra, onde testificou a Dirección de Enfermaría do Complexo Hospitalario de Pontevedra. Pero non é a primeira vez que recorren aos tribunais. Só en Pontevedra xa teñen dez sentenzas favorables.

Dende a agrupación solicitaron manter un encontro co novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. Aseguran que a anterior, Rocío Mosquera non quixo recibilos. Tampouco o fixo a Directora de Recursos Humanos da Dirección Xeral do SERGAS.

Mentres non teñan unha solución, a intención de Prosagal é manter a loita nos xulgados, e non desbotan manifestarse a pé de rúa para conseguir que o SERGAS, din, cumpra a lei.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/09/xuizo_prosagal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/09/xuizo_prosagal.mp4{/flowplayer}