Deputación e concello asinan un protocolo de actuacións valorado en 10 millóns de euros

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/18/convenio_depo_concello_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/18/convenio_depo_concello_ponte.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> Deputación e concello de Pontevedra fixan o camiño que marcará a colaboración entre ambas institucións en infraestruturas viarias e dotacionais. O alcalde e a presidenta provincial asinaron hoxe un protocolo de colaboración, que acollerá nun futuro as actuacións que realizarán de forma conxunta nos vindeiros catro anos. Aínda que o documento non recolle ningunha contía económica, Miguel Anxo Fernández Lores valorouno nuns 10 millóns de euros.

O concello de Pontevedra e a Deputación marcaron hoxe o camiño polo que irá a colaboración entre ambas institucións nos vindeiros catro anos. Alcalde e presidenta asinaron un convenio marco sobre infraestruturas viarias e dotacionais, cun valor global duns 10 millóns de euros.

Aínda que esta declaración de intencións irá concretándose en convenios para cada unha das actuacións, o alcalde destacou que permite unha planificación que non era posible ata o de agora.

As actuacións que poden incluírse neste protocolo marco son o saneamento das parroquias de Mourente e Bora e do río Gafos, o novo acceso ao barrio de Monte Porreiro ou a recuperación da Xunqueira de Alba. Tamén corrixir parte do déficit de infraestruturas deportivas que sofre o municipio.

Tanto Silva como Fernández Lores apuntaron que con esta sinatura cúmprese un dos piares marcados polo novo goberno provincial: dar o protagonismo aos concellos