Dous concertos no Auditorio de Vilagarcía para o mes de novembro

    VILAGARCÍA> O conservatorio de Vilagarcía presentaba esta mañá a súa programación para este mes de novembro. Dous concertos marcarán a axenda local: Este venres 20 os alumnos do centro tocarán en conmemoración de Santa Cecilia, patroa dos músicos, e o vindeiro mércores 25 a música contemporánea soará da man de Ensembre Sinkro.

     

    Os alumnos do conservatorio de Vilagarcía xa teñen data para o seu primeiro concerto do curso, terá lugar ás 8 da tarde deste venres 20 na sala principal do auditorio e a entrada será libre e de balde.

    Con este tipo de iniciativas dende o centro quérese transmitir á sociedade vilagarciá o traballo que os alumnos fan cada día nas aulas e estes poderán empregar a súa actuación para darse a coñecer ante o público.

    O próximo mércores 25, tamén as 8 da tarde, será a queda da música contemporánea cos vascos Ensemble Sinkro que interpretarán catro obras, dúas de compositores italianos e outras dúas de compositores españois, por medio de elementos electroacústicos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/18/conservatorio_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/18/conservatorio_vilagarcia.mp4{/flowplayer}