Alberto Varela, primeiro aspirante socialista a alcaldable de Vilagarcía

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/alberto_varela.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/18/ALBERTO_VARELA_PSOE.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> O seu nome xa soaba desde que os socialistas de Vilagarcía anunciaran o mes pasado a apertura do proceso de primarias en setembro para elixir candidato á alcaldía. Hoxe Alberto Varela fíxoo oficial. Preséntase como aspirante a optar á alcaldía da cidade, movido, di, polo apoio de moitos militantes e simpatizantes, e sobre todo, por consideralo un deber moral e un compromiso coa política. Alberto Varela acaba de converterse no primeiro aspirante oficial a postularse como candidato ás primarias do PSOE de Vilagarcía de setembro. Chegar a ser o próximo alcalde da cidade antóllase un reto apaixoante, pero ata chegar aló recoñece que queda moito por andar. Dá o paso animado por compañeiros de partido e simpatizantes, despois de moitas conversas, de moito meditar, pero convencido das súas posibilidades. Lograr a seguridade política para Vilagarcía e sacar á cidade do letargo, no que segundo Varela está o municipio son os retos que o moven a presentarse a esas primarias. Primeiro terá que reunir os avais necesarios para presentarse como candidato, e logo superar a elección. Alberto Varela recoñece a existencia de súas correntes paralelas no seo do PSOE vilagarcián, pero asegura ter unha boa relación tanto con críticos coma con oficialistas. E conclúe que a finalidade é contaxiarse do proceso de renovación que está a experimentar o partido a nivel nacional e loitar por un obxectivo común: acadar a alcaldía de Vilagarcía nas próximas municipais.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí