Dez vilas e once artistas berrarán ao unísono contra a violencia de xénero no 25N

PONTEVEDRA> Achégase o 25 de Novembro e as institucións organizan as súas iniciativas para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Hoxe a Deputación de Pontevedra anunciou que levará dez accións artísticas a dez concellos para reivindicar a igualdade e pór foco sobre esta lacra. No que levamos de ano, xa son 48 as mulleres vítimas da violencia machista.

Dez vilas, once artistas e unha data: o 25 de novembro.

“Mulleres en acción. Violencia zero” é o título que recolle a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero impulsado dende a Deputación. O 25 de novembro a arte tomará as rúas con diferentes propostas para facer máis visible esta lacra.

Caldas de Reis e Vilagarcía serán as dúas vilas do noso entorno que acollan as representacións destas artistas. Tamén Pontevedra, que será o escenario, xunto con Vigo, dun dos actos centrais. As accións serán simultáneas nos dez concellos participantes. Ás 12 do mediodía, a provincia berrará cunha soa voz contra a violencia machista.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/18/depo_25n.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/18/depo_25n.mp4{/flowplayer}