Pontevedra> A Xunta de Goberno Local de Pontevedra acordou dar o traslado do expediente sancionador ao concelleiro popular Cesar Alberto Abal a petición da concelleira de Ciudadanos. Agora Abal fará as alegacións que considere oportunas e o expediente seguirá o seu curso.
A Xunta de Goberno Local deu esta mañá o primeiro paso despois de que a concelleira María Rey denunciase ao popular César Abal por considerar de falta moi grave que este concelleiro, segundo a líder de Ciudadanos, filtrase á prensa un expediente municipal con información sobre a súa ex parella.
Agora César Abal deberá engadirá a este expediente sancionador as alegacións que considere oportunas e o mesmo seguirá o seu camiño.
Unha Xunta de Goberno local ven de adxudicar as obras de renovación do campo de herba da Xunqueira por un importe de 200 mil euros.
O voceiro da Xunta de Goberno Local estima que estes traballos comezarán na primavera do vindeiro 2017.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/24/cesar_abal _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/24/cesar_abal.mp4{/flowplayer}