O Partido Popular está convencido de que Rafa Domínguez será o futuro alcalde de Pontevedra

PONTEVEDRA> O Partido Popular deu a coñecer xa o nome das 25 persoas que acompañarán a Rafa Domínguez na súa candidatura ás eleccións municipais. Os populares presentaron a súa lista nun acto no que tamén estiveron presentes o presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, e a presidenta da Congreso dos Deputados, Ana Pastor. Na presentación, non faltaron as referencias ao modelo de cidade de Pontevedra, a situación actual de Ence ou, incluso, ao ex presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Eles son as 25 persoas elixidas para acompañar a Rafa Domínguez na candidatura ás próximas eleccións municipais.  Unha lista coa que o candidato popular pretende gobernar Pontevedra durante os próximos anos.

Rafa Domínguez estivo arroupado polo presidente provincial do partido, Alfonso Rueda, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, que se mostraron convencidos de que o Partido Popular gañará ás próximas eleccións municipais.

Os populares tampouco se esqueceron do ex presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Os  membros do Partido Popular recoñeceron o traballo de Lores nos primeiros anos na alcaldía pero destacaron a necesidade de complementar o modelo de cidade cun novo proxecto para conseguir unha Pontevedra capital.