A 10K Romaría Vikinga volve a Catoira o 29 de novembro

CATOIRA> A día de hoxe xa hai 398 deportistas inscritos. Consta de sete categorías, dende Pitufos a veteranos, con distancias que van dos cen metros ós dez quilómetros. Este ano ademais a organización renderá homenaxe ó atleta local Jesús Bernal, por ser o corredo con maiornúmero de probas desputadas en Galicia.

 

 

Bernal estivo na presentación da carreira realizada no Auditorio Municipal. Cita que contou tamén coa presenza dos padriños da proba, os campións de España Solange Pereira e Víctor Riobó. As probas comezarán ás dez e media da mañá coa saída dos pitufos, mentres que a carreira raíña, a 10 K para as categorías absoluta e veteranos partirá ás doce e media do día. Tódalas carreiras terán saída e meta na Rúa da Estación. Como diciamos xa van 398 deportistas anotados e as inscricións seguirán abertas ata o próximo mércores á media noite a través da web de emesports. Anotarse nas categorías de pitufos a cadetes é gratis, mentres que os corredores da 10 K terán que abonar cinco euros, tarifa que inclúe o aluguer do chip de cronometraxe. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en tódalas categorías.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/19/CATOIRA10K.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/19/CATOIRA_10K.mp4{/flowplayer}