CC.OO rexeita as propostas da patronal no novo convenio da conserva

    BARBANZA> Esta mañá celebrou en Ribeira unha asemblea de delegados na que tomaron parte representantes deste sindicato nas principais conserveiras da zona. As distancias nas negociacións que manteñen dende hai varios meses a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, Anfaco, e os sindicatos parecen hoxe en día insalvables. As propostas da patronal conserveira de aumentar a xornada laboral dos traballadores, e con ela o aumento do seu poder adquisitivo, ou mesmo a posibilidade de traballar sábados e domingos, son rexeitadas de fronte polos sindicatos e tamén polos traballadores. Nunha asamblea celebrada por CC.OO en Ribeira, na que tomaron parte representantes deste sindicato nas principias empresas conserverías do Barbanza, unha das zonas máis puxantes do sector, mostraron a súa total disconformidade con estas medidas, calificándoas de inasumibles. Dende este sindicato afirmaron ademais que as propostas da patronal choca co discurso que ela mesmo defende diante da Unión Europea polo tratado de libre comercio que afecta ó sector. Na próxima reunión prevista para o dous de decembro o sindicato trasladaralle á patronal o seu total rexeitamento a estas propostas. De seguir adiante con estas pretensións, o sindicato non descarta a toma doutras medidas reivindicativas, incluso a realización de mobilizacións.