Alumnos de todos os cursos da Esdemga participarán no desfile Debut 2015

PONTEVEDRA> A Escola de Deseño de Moda de Pontevedra ten todo preparado para o seu Debut. Por noveno ano consecutivo, a universidade de Vigo ofrecerá aos seus estudantes esta primeira oportunidade para que as súas creacións cheguen ao público. Charlas, workshops e masterclass compoñen o programa que arranca o vindeiro luns, e que ten o seu colofón o xoves co desfile no Pazo da Cultura.

 

Achégase unha das citas que está a converterse no acto social e académico por excelencia en Pontevedra. O vindeiro xoves o Pazo da Cultura acollerá a novena edición de Debut, a pasarela pola que desfilarán as creacións do futuro da moda.

O desfile está organizado polos Estudos de Deseño Téxtil e Moda de Galicia, como unha aposta por conectar coa cidade e amosar o seu traballo. Tamén para que os estudantes se encontren coa realidade que lles agarda.

Este acto central será o xoves, pero a vindeira semana chega chea de actividades. Workshops, seminarios e masterclass con profesionais de diferentes campos e abertas a todos os públicos, que acollerá a Casa das Campás.

A estilista Sofía Clarí, a fundadora de Telva Covadonga O’Shea e a editora da revista Metal Yolanda Muelas, participarán nestas xornadas e, ademais, comporán o xulgado da pasarela. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/19/debut_2015.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/19/debut_2015.mp4{/flowplayer}