Pontevedra volverá a ser líder do turismo galego cunha ocupación media en verán do 70%

PONTEVEDRA> A provincia de Pontevedra continuará este verán liderando as cifras de turismo de Galicia. Segundo o observatorio de Turismo Rías Baixas a estimación media de ocupación deste ano está preto ao 70%. Uns datos que foron anunciados esta mañá pola presidenta da Deputación.

68%, esa é a estimación media de ocupación que prevén dende Turismo Rías Baixas para este verán. Uns datos que, de cumprirse, farían que a provincia de Pontevedra continuara sendo líder deste sector en Galicia.

En Pontevedra prevese un 65,8% de ocupación en xullo e case un 74% en agosto. Ademais, tanto en turismo rural, coma en albergues e en campings, as cifras superan o 60% nos dous meses de verán.

Carmela Silva aproveitou a ocasión para dar a coñecer tamén os datos de ocupación do mes de xuño. A falta duns días para que remate o mes, a ocupación media na provincia é dun 56%, a pesares das previsións de choiva.

En canto o perfil das persoas que visitaron ás Rías Baixas, seguen destacando os turistas españois, aínda que o turismo estranxeiro segue aumentando, cun 27% que chegou á provincia dende Francia, Reino Unido, Alemaña, Italia ou Arxentina. O motivo principal segue sendo a cultura e o ocio, aínda que tamén destaca o Camiño Portugués.