Visita da oposición á xefatura da Policía Local de Pontevedra

PONTEVEDRA> Os delegados sindicais de UGT e Comisións Obreiras na policía local pontevedresa convidaron esta mañá aos concelleiros da oposición para que coñeceran de primeira man as deficiencias coas que contan as instalacións da Jefatura da policía local na cidade do Lérez. Dende este organismo xa anunciaron que mañá continuarán coas suas mobilización no pleno da corporación.

 

Representantes de partidos políticos da oposición foron convidados nesta xornada a coñecer as instalacións da Xefatura da Policía Local de Pontevedra. Unha maneira de facer visible, segundo este corpo, as necesidades e a precariedade na que en moitos casos teñen que traballar dende este edificio ao que se trasladaron no ano 2002.

Os delegados sindicais de UGT e Comisións Obreiras da policía local foron os encargados de realizar esta visita.

Os representantes dos partidos da oposición coincidiron todos ao afirmar que o Goberno Local deben tomar cartas neste asunto canto antes.

Dende a policía local continúan pedindo a equiparación salarial, o que suporía un incremento superior aos 150 euros mensuais por axente. Os delegados sindicais xa anunciaron que seguirán coas suas mobilizacións ata que se cumpran as suas demandas,  a seguinte cita será mañá no Teatro Principal no pleno da corporación.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/policia_local_ponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/09setembro/28/policia_local_ponte.mp4{/flowplayer}