Rafa Domínguez visita o centro de Rexurdir para amosar o seu apoio á súa labor social

Pontevedra> O presidente do PP local, Rafa Domínguez, reuniuse esta mañá coa presidenta da asociación Rexurdir para amosar o seu apoio ás iniciativas sociais na cidade. O encontro tivo lugar no centro de día que a asociación ten dende fai pouco na rúa do Cruceiro, e que foi rexeitado nun principio polos veciños.

A asociación Rexurdir atende no seu centro de día da rúa do Cruceiro a ex-toxicómanos e persoas en exclusión social.  Por este local de orientación e acollida pasan diariamente unhas 50 persoas.

Rafa Domínguez, acompañado da concelleira María Xosé Rodríguez, achegouse ata o centro esta mañá para coñecer de preto a actividade da asociación e amosar o seu apoio a súa labor social.

As queixas dos veciños cando se anunciou a localización do centro, das que se fixo eco o propio PP pontevedrés, parece que teñen remitido.

O popular aproveitou para criticar o baixo gasto social realizado polo Concello.