Boiro sede do primeiro Campionato de España de Duatlón por equipos

    BOIRO> A proba, presentada esta mañá no concello, disputarase os días 21 e 22 de febreiro. Coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete Lasa, esta mañá era presentado en Boiro o Campionato de España de Duatlón por Equipos. A cita terá lugar nesta localidade os días 21 e 22 de febreiro. Trátase da primeira vez a nivel nacional que se organiza unha proba destas características e a ela acudirán atletas pertencentes ós mellores clubs de toda España. O Secretario Xeral para o Deporte destacou a importancia da proba que reunirá en Boiro a deportistas do máis alto nivel. O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, afirmou que este Campionato converterá a Boiro nun referente do deporte a nivel nacional, traendo importantes beneficios para a localidade. A proba, na que está prevista a participación de preto de mil atletas pertencentes a máis de 25 clubs de toda España, dividirase en dúas categorías, tanto masculina coma feminina, incluíndo ademais un duatlón popular.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí