O PP considera errado sacar a licitación a contratación do persoal do parquing do Centenario

RIBEIRA> Precipìtada e errada. Así cualifica o PP de Ribeira a decisión do equipo de goberno de sacar a licitación o prego de condicións para a contratación do persoal do parquing do Centenario por un importe duns 700 mil euros, por un período de dous anos.

Segundo os populares a medida, xunto co cambio de tarifas, suporá o aumento dos niveis de endebedamento actuais do Concello.

Para a voceira popular non se entende esta decisión do goberno presidido polo BNG, pois sempre, cando estaba na oposición, se mostrou en contra dos contratos de externalización.

Sampedro insistiu ademais no déficit económico derivado da posta en marcha das novas tarifas, o que provocará o aumento nos niveis de endebedamento das arcas municipais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí