A nova lei de Dependencia a debate

    critas_151007.jpgBARBANZA > Cáritas Diocesana de Santiago vai organizar unhas xornadas formativas sobre a atención a persoas dependentes e á terceira idade.

    Ademais das actividades asistenciais e de colaboración cos colectivos máis desfavorecidas, Cáritas leva anos promovendo accións formativas que contribúan á educación e promoción das persoas. precisamente nesta liña enmárcanse as xornadas que se van celebrar esta semana en Ribeira e a próxima na Pobra relativas á asistencia a persoas maiores. O xoves día 18, ás oito da tarde, o traballador social do concello ribeirés, Javier Hemrida, ofrecerá unha charla na Casa do Mar sobre a lei de dependencia. O venres, no mesmo lugar e á mesma hora, tocaralle o turno ó pedagogo Gumersindo Alonso que abordará na súa ponencia o traballo coas persoas maiores. Esta mesam conferencia volverá impartirse o xoves día 25 no Instituto Social da Mariña da Pobra, dando paso o venres 26 a unha charla sobre a lei de dependencia exposta polas traballadoras sociais do concello.

    Con estas actividades formativas, compleméntase a acción de Cáritas nas distitntas parroquias que busca dar respostas ás necesidades que xurden na actual sociedade a través da formación das persoas.

    Outros servizos

    Ademais dos cursos, xornadas e outras actividades educativas, Cáritas traballa man a man co departamento de Servizos Sociais do concello de Ribeira, prestando asistencia ós colectivos con maiores dificultades como os inmigrantes que, cada vez, conforman unha parte máis importante do censo de Ribeira. Asimesmo, Cáritas presta tamén diversos servizos como o roupeiro ou a entrega de alimentos que facilitan a adaptación destes novos cidadáns, con menos oportunidades.

    Redacción Barbanza