![]()
BOIRO> Tentou pecharse con elas no interior da tenda pero unha das mozas conseguiu fuxir.
Non foi a de onte unha xornada tranquila na zapatería Marlú de Boiro. Ao redor das dez e media da mañá a propietaria recibiu a chamada telefónica dunha das súas dependientas avisándoa de que dúas mozas rumanas acababan de roubar calzado na tenda que rexenta noutra rúa boiresa.
{flowplayer}barbanza/roubozapateriaboiro.flv{/flowplayer}
Os poucos minutos, ambas mulleres entraban no seu establecemento ca mesma presunta intención. A descripción feita pola súa empregada coincidia con elas. Alertada por roubo anterior, a dona da zapatería pechou a porta da entrada e quedou no interior coas dúas mozas, que forcexearon con ela para tentar fuxir. Tan só unha delas o conseguiu.
Colaboración cidadá
Sen soltar a muller que xa conseguira reter, a dona do establecemento saiu a rúa para intentar coller a que escapara correndo. María Luisa destaca a colaboración dos viandantes que chamaron a policia e axudarona na espera das forzas do orde. Mentras agardaba, a presunta ladroa agrediuna, trabándoa nunha man.
Non é a primeira vez que rouban nas tendas propiedade desta muller boiresa. Non se considera unha heroína pero si que resalta que se enfrontou as estas mulleres porque está farta dos pequenos furtos. Tamén agradeceu a boa disposición de todos aqueles que se prestaron a axudala e a rápida actuación da policia local de Boiro e a Garda Civil. De momento espera que esta situación non se repita de novo.
Redacción Barbanza









