O tripartito denuncia que o tanatorio municipal non ten permiso de medio ambiente

    RIBADUMIA> O tanatorio de Ribadumia está en situación irregular. Segundo o novo goberno local, as instalacións non contan cun informe favorable da Consellería de Medio Ambiente, despois de que o anterior executivo de Salomé Peña non atendera un requirimento de documentación por parte da Xunta. Ademais, esta non é a única deficiencia que detecta o goberno encabezado por David Castro, que acusou ao Partido Popular de desatender as instalacións municipais.

     

    O tanatorio de Ribadumia non conta con todos os permisos da Xunta de Galicia. Segundo o goberno local, as instalacións que foron construídas no 2011 non se corresponden co proxecto inicial. Aínda que conseguiron un informe favorable de Sanidade, o tanatorio non conta co permiso de Medio Ambiente.

    O novo alcalde asegurou que o seu equipo está a traballar para solucionar esta situación que, agardan, se poida resolver sen provocar problemas maiores.

    Pero segundo o executivo de David Castro, esta non é a única irregularidade que detectaron. O goberno denunciou o abandono do Centro de Interpretación da Natureza de Cabanelas, antigo Refuxio do Pescador. Tamén indicou que no seu mandato Salomé Peña non fixo os trámites para reparar un lavadoiro do río Xián, que tirou un camión do lixo municipal. Non foron máis optimistas os informes que encargaron sobre os parques infantís do concello.

    Entre as irregularidades denunciadas polo goberno local estaría tamén a situación actual da rede wifi de Barrantes que, aseguran, non se adapta ao recollido na última lei de radiofrecuencia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/goberno_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/goberno_ribadumia.mp4{/flowplayer}