MEIS> Estamos na véspera do Día de Defuntos. Polas rúas das vilas da nosa contorna, de seguro, vostedes viron moita decoración “terrorífica”. Tamén moitos establecementos se suman a esta moda. Unha das tendas da volta que máis medo mete atopámola en Meis. Bruxas, morcegos e mortos resucitados conviven estes días en harmonía cos produtos do ultramarinos. A súa dona di que é un reclamo para os clientes pero que ela o faí, simplemente, porque lle gusta ós nenos.
Neste tempo de defuntos e samaín, esta maldita boneca é unha das clientas máis habituais neste pequeno ultramarinos de Meis. A tenda vístese de gala para recibir ós veciños do xeito máis terrorífico posible. A súa dona, Montse, leva anos decorando o seu establecemento dun xeito moi rechamangueiro.
Morcegos, arañas xigantes, mortos resucitados e mesmo unha zona de estacionamento para meigas. Na tenda non falta detalle. Todo é pouco para chama-la atención dos clientes e loitar contra os monstros que máis medo meten ó pequeno comercio: as grandes áreas comerciais.
As ideas de Montse van máis alá da decoración da tenda. Para esta mesma tarde organizou un concurso de cabazas. Como o tempo non acompaña para facelo na rúa, mesmo implicou ó Concello, que lle acabou cedendo un espazo da Casa da Cultura.
Máis alá do samaín, a tenda decórase noutras datas sinaladas do calendario. O Nadal é outra época moi especial neste ultramarinos.
Atractivo para os clientes e tamén para o fillo de Montse, que nestes días non para de meter sustos a todo aquel que pasa por diante da tenda.