![]()
VILAGARCÍA> O concello cederá o edificio para que os dous colectivos veciñais poidan reunirse e realizar as súas actividades.
{flowplayer}images/salnes/210109_escola_unitaria_trabanca.flv{/flowplayer}
Mentres a consellería de Educación non desafecta as instalacións da antiga escola de Trabanca apra construír un Centro Cultural, o concello de Vilagarcía decidiu ceder o edificio ós membros das dúas asociacións veciñais da parroquia. A finalidade é que os seus membros teñan un local para reunirse e levar a cabo a súa actividade á vez que se evita o deterioro do inmoble. Cada colectivo disporá de tres días á semana para uso das instalacións. As únicas condicións impostas pola concellería de Cultura son que as asociacións lle comuniquen por escrito os días escollidos e que se encarguen da limpeza do local. Pero as desavenencias entre as agrupacións puxéronse de manifesto á hora da entrega das chaves. Os membros do colectivo Santiago de Afora negáronse a compartir a escola cos de trabanca Sardiñeira alegando que esta asociación non está legalmente constituída.
Segundo explicou o vicepresidente de Trabanca Sardiñeira, José Abilleira, o verdadeiro motivo desta oposición vén de conflitos relacionados coa xestión da comunidade de montes, problemas comunais que, segundo Abilleira, os membros de Santiago de Afora están levando ó ámbito persoal.
En canto ás acusacións de non estar constituída legalmente, Abilleira sostén que a Asociación de Veciños Trabanca Sardiñeira foi a primeira en existir na parroquia. Agora queda pendente unha xuntanza entre o colectivo Santiago de Afora e membros do concello para tratar de solucionar este conflito.
Redacción Salnés









