700 escolares de Vilagarcía decoran as rúas con prantas para o Nadal

    VILAGARCÍA> Uns 700 escolares decorarán con plantas as rúas de Vilagarcía como parte dun programa de concienciación sobre o coidado e o respecto aos bens públicos. Con este iniciativa pretenden conseguir que a decoración de Nadal non desapareza aos poucos días de ser colocada nas rúas, como viña pasando en anos anteriores.

     

    As Concellerías de Educación e Medio Ambiente puxeron en marcha unha campaña educativa conxunta coa que concienciar aos nenos de Vilagarcía e, por extensión, as súas familias, sobre a necesidade de coidar os bens públicos.

    Con “Plántate na rúa” os rapaces recibirán información sobre os efectos do vandalismo, explicaráselles  que é necesario coidar o que é de todos para que dure o máximo posible e coñecerán os coidados que deben ter as plantas que eles mesmos colocarán nos maceteiros que se encontran nas diferentes rúas da cidade.

    Con esta actividade dende o Concello confían en que non só se eduque aos adultos do mañá senón tamén aos de hoxe e, deste xeito, desanimar a aqueles que levaban a ornamentación de Nadal nada máis era instalada nas rúas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/plantate_rua_nadal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/20/plantate_rua_nadal.mp4{/flowplayer}