Axentes de Aduanas rexistran o concello da Pobra

    POBRA> Durante toda a xornada os axentes recompilaron diversa documentación relativa á empresa Aquagest. Axentes de Aduanas, a instancias do Xulgado de Instrución número Uno de Lugo, dentro da denominada Operación Pokemon, rexistraron durante toda a xornada de hoxe o concello da Pobra do Caramiñal. Ó parecer recompilando diversa documentación relacionada coa empresa Aquagest dende o ano 2006. Esta firma, agora denominada Viaqua, é a encargada do servizo de auga e saneamento na localidade, e xestiona ademais a piscina munnicipal. A investigación pretende determinar se existiron prebendas por parte desta empresa nos distintos contratos asinados polo anterior goberno municipal.