O PP nega irregularidades no tanatorio municipal, que conta con licenza provisional

    RIBADUMIA> O Partido Popular de Ribadumia responde ás acusacións de irregularidades que, segundo o tripartito, afectarían ao tanatorio municipal. Segundo a ex alcaldesa, as instalacións contan coa documentación en regra e, na actualidade, dispoñen dunha licenza provisional. A definitiva estaría pendente dun trámite administrativo. Pola contra, Salomé Peña acusou ao actual goberno de estar cometendo ilegalidades, ao cobrar dietas os concelleiros de PSOE e Somos Ribadumia de xeito independente, cando terían que integrarse no grupo mixto.

     

    O tanatorio de Ribadumia non está en situación irregular. Cando menos, iso vén de asegurar o Partido Popular. Ante as afirmacións do tripartito, Salomé Peña asegurou que as instalacións teñen todo en regra, e que están a operar cunha licenza provisional.

    Segundo a exalcaldesa, estas correccións no proxecto ten que realizalas o seu autor. Asegurou que só se trata dun trámite administrativo, e que o tanatorio ten todo en regra para funcionar.

    Quen non estaría actuando axustándose á legalidade, segundo Peña, é o goberno local. En concreto, os concelleiros de Somos Ribadumia e do PSOE. A edil popular acúsaos de cobrar dietas de xeito independente, cando terían que estar integrados nun único grupo, o mixto.

    Peña asegurou que a súa acusación está avalada por informes da Deputación e do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Tamén que os documentos estarían xa en mans do goberno de Ribadumia dende hai un mes, que ata o de agora fixo caso omiso. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/24/pp_ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/11novembro/24/pp_ribadumia.mp4{/flowplayer}