BOIRO> O Barbanza acollerá a finais de agosto a cuarta edición de Paisaxes Sonoras. Este ciclo musical, organizado pola mancomunidade Barbanza Arousa, componse de catro concertos en paraxes naturais emblemáticos da comarca.
A música volverá conquistar algúns dos recunchos naturais máis atractivos do Barbanza na cuarta edición de Paisaxes Sonoras que se celebrará entre o 25 e o 27 de agosto nos catro concellos da comarca.
Sés será a encargada de inagurar o ciclo cun concerto en Rianxo o venres 25. O sábado a mediodía terá lugar a actuación de Leilía a mediodía mentres que pola noite tocaralle a quenda a Andrés Suárez que ofrecerá un concerto en Ribeira. Pechan o ciclo o domingo na Pobra Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre cunha sesión vermú.
Xa están á venda as entradas que este ano tan só se poden adquirir online a través da taquilla.com. Pódense adquirir por separado ou a través dun abono para tódolos concertos. Os cen primeiros abonos terán un agasallo especial.











