NOIA> Tamén dende o PSdeG fanse eco da insostible situación da planta que, de non poñerlle remedio, verase obrigada a parar a actividade. Apelan á Xunta de Galicia para que realice investimentos que permitan modernizar as instalacións adaptándoa á nova normativa europea.
Nunha recente visita á planta de Servia, a dirección provincial do PSdeG tivo ocasión de comprobar o deficiente estado das instalacións.
Ademais da necesidade de investimentos para corrixir as deficiencias da planta, os socialistas consideran urxente que a Mancomunidade saque a licitación o novo contrato, caducado en setembro, para garantir a continuidade deste modelo alternativo de xestión de residuos.











