Retómase o proxecto de peonalización do casco urbano

     A ILLA> É un antigo proxecto que podería ver a luz toda vez que se realice a apertura dun novo vial entre a zona de Cruceiro e a Avenida Castelao

    {flowplayer}images/salnes/PeatonalizacionAIlla_030412.flv{/flowplayer} 

    Trátase dun dos temas recurrentes na Illa da Arousa, a peatonalización das rúas do casco urbán. A apertura dun novo vial entre Cruceiro e Avenida Castelao reabriu o debate sobre os beneficios que reportaría apartar o tráfico de vehículos do entorno da céntrica praza do Regueiro, rúas como Sor Aurora, Aldea ou Castro, onde se centra boa parte da actividade comercial do muncipio.

    Son rúas na súa meirande parte moi estreitas, de tres ou catro metros de ancho que non precisarían pavimentación. Segundo o alcalde, as zonas peonís activan a economía dos municipios.

    O proxecto aínda está en fase de estudio e debaterase coa cidadanía para analizar os pros e os contras, tendo en conta tamén ós veciños que viven nas rúas afectadas. O alcalde asegura que non mester deixar un período de probas e que se finalmente o proxecto se leva a cabo, farase con tódalas consecuencias.

    Redacción Salnés