Vilagarcía presenta un orzamento de 31,4 millóns de euros para o 2022

VILAGARCIA> Vilagarcía presenta uns orzamentos para o 2022 de 31 millóns de euros. O concello destinará 1,4 millóns a investimentos, onde destacan a demolición da comandancia para o novo ambulatorio e as melloras en estradas e sumidoiros. No capítulo de gastos correntes aumentan as partidas para os servizos sociais ata os 2,5 millóns de euros.

O concello de Vilagarcía fixo público o seu orzamento para o 2022. Cunha cantidade similar a do ano pasado, os gastos do goberno vilagarcián ascenderán ata os 31,4 millóns de euros. Na partida de investimentos, con fondos propios ou mediante un préstamo de 800 mil euros, Vilagarcía destinará 1,4 millóns de euros a diferentes proxectos entre os que destaca a demolición do edificio da mariña.

Ademais destes proxectos, o concello desenvolverá outras actuacións cos fondos europeos Next Generation ou da deputación de Pontevedra.

Nos gastos comúns, aumentan nun 2% a masa salarial dos traballadores do concello, situándose nos 2 millóns 400 mil euros, e nun 12% o gasto en servizos sociais.

A pesar de manter o orzamento, o concello continúa rebaixando a débeda municipal, que agora se sitúa nos 8 millóns de euros. O goberno local presentará este orzamento a oposición para que a estudie e se debaterá nun pleno extraordinario no mes de marzo.