POBRA> O Partido Socialista da Pobra do Caramiñal vén de solicitarlle ó equipo de goberno a mellora e humanización do entorno da praza Manuel Escurís. Segundo a voceira desta formación política, Teresa García Guillán, o trapicheo de drogas, os botellóns, as pelexas e o consumo de drogas nos soportais desta zona, fan que o desenvolvemento comercial e a propia convivencia sexa difícil. Por esta razón considera necesario que se acometa coa maior urxencia posible unha actuación co fin de acondicionar os espazos comúns e proporcionar unha maior calidade de vida. Entre outros aspectos demanda a mellorar os accesos á praza, eliminando as barreiras arquitectónicas existentes, así como a instalación dun parque infantil e unha zona de xogos.
Inicio Barbanza - Muros - Noia