O goberno de Boiro resposta ás críticas do PP pola actualización das taxas municipais

BOIRO> O executivo de Boiro saíu ó paso das acusacións formuladas polo PP con respecto á suba das taxas municipais de cemiterios e enterramentos. Dende o goberno explican que se trata dunha actualización do tributo que permanecía conxelado dende o ano 2009.

O concelleiro de Facenda de Boiro explicou que a recentemente aprobada suba da taxa de cemiterios, enterramentos e exhumacións responde á necesidade de actualizar os prezos públicos que databan de 2009.

Acusan ó Partido Popular de querer enganar á opinión pública con críticas a unha actualización que cualifican de necesaria e proporcionada.

Advirten ademais de que seguirán a revisarse outras taxas municipais para axustalas ós custes reais da situación actual.