Nace en Barbanza o grupo ‘BNI TerraMar’

    BARBANZA> En ‘BNI TerraMar’ están presentes unhas vinte e cinco empresas da comarca que aglutinan a diferentes sectores. Tomando exemplo iniciativas semellantes que xa funcionan por toda Galicia, vén de constituírse en Barbanza o grupo de networking ‘BNI TerraMar’. A súa finalidade non é outra que xerar novas oportunidades de negocio para os seus membros. ‘BNI TerraMar’ está constituído por unhas vinte e cinco empresas que representan a distintos sectores, como poden ser a construción, a automoción, os seguros ou a área xurídica. A presentación oficial do grupo ‘BNI TerraMar’ terá lugar este venres, a partir das sete da mañá, no restaurante Chicolino de Boiro.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí