O executivo deseña unhas novas instalacións para o Club de Remo Cabo de Cruz

    BOIRO> O proxecto, en fase de redacción, podería irse a preto dos setecentos mil euros. O executivo boirense prepara un ambicioso proxecto de cara presente lexislatura. A construción dunhas novas instalacións para o Club de Remo Cabo de Cruz, unha das entidades deportivas máis senlleiras da localidade e tamén unha das que maiores éxitos deron ó deporte local nestes últimos anos. O elevado custe desta importante actuación, que podería rondar ós setecentos mil euros, fai que o concello por si mesmo non poida afrontar a súa construción, de aí que o alcalde, Xoán Xosé Dieste, iniciara unha serie de contactos co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ou o Secretario Xeral para o Deporte, Xosé Ramón Lete, para poder afrontalo. A realización destes moderno edificio fai necesario tamén a aprobación do Plan de Usos das instalacións portuarias de Cabo de Cruz, un proceso que se atopa actualmente na fase de presentación de alegacións.