Aberto o prazo de inscrición na Aula de Educación de Adultos

    BOIRO> A concellería de Educación vén de informar de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes na Aula de Educación Secundaria de Adultos para o curso 2014-15. Será do 8 ó 19 de setembro, ámbolos dous inclusive. En Boiro vense prestando este servizo educativo dende hai máis de dezaoito anos, sendo moi demandado por todos aqueles que queren obter o título de educación secundaria, permitíndolle mellorar a súa cualificación profesional ou acceder a outros niveis do sistema educativo. O horario nos que se imparten as clases será de oito e media a dez e media da noite, facéndoo compatible coa xornada laboral. A aula de educación de adultos de Boiro está adscrita ademais ó IES San Clemente de Santiago, centro autorizado para impartir estas ensinanzas, e da que depende a aula do boirense, desprazándose os profesores nas avaliacións a Boiro.